Thursday 6 June 2013

Noite Longa

Este anoitecer vai ser outra noite longa onde a oscuridade do ceo esconde a minha doente persoa.
A gaita soa no fondo, uns rapaces a face-lo tonto.

Ti ere-lo todo, todo o que me redoa. O meu querer seguir, o suspirar o sonreir. A minha mitade boa. 

Ti ere-lo todo pra min nesta noite longa. 

Apertame moi apreitadinho que fai frio nesta saudade.
Non me deixes que me perdo nesta negra soidade. 
Non te alonxes que non vexo a luz dos teus dous luceiros.

Non me mires con desgano, non me deixes que me rompo.

Eu son todo, eles nada mais de aqui non podo sair.

Estas bagoas de vino dunha tarde madrugada.

A xuventude pasada. Matrimonios fracasados. Fillos bastardos. Abortos silenciados. Amistades de toda unha vida agora tan estranas.
A choiva en Santiago. As patacas. As festas das parroquias, os bicos inocentados. O oruxo queimado. As herbas de San xoan. Meu amigo Castelao, minha sombra Rosalia. O pai da nosa Galicia.

Esta noite na que choran as paredes desta sala.
Esta rutina que non cambia.
Este queixar mais non facer nada.
Este eu, este ti.

Esta longa noite, esta madrugada.
Este poema sen fin.

No comments:

Post a Comment